Novas
de Rabal
|
Incendio en Rabal
24-03-12
Por mor da seca que estamos sufrindo hoxe produciuse un incendio entre os Parroeiros e o Pozo Barrento que requiriu de varias dotacións de bombeiros para a sua extinción. Aquí podedes ver algunha foto
|
Fotos da Festa da Virxe das Flores
8-10-11
Xa están aquí, xa podedes ver as fotos da festa
deste ano, e como agradecemento por ter que esperar mes e medio para
podelas ver veñen ven cargadas: 35 fotos repartidas en
dúas paxinas, unha para a
cea do sábado a noite da
Asociación Rabalexa
e outra para a procesión e a
charanga coa que celebramos o domingo a festa da nosa Virxe
|
Seitura e malla 2011.
15-09-11
Xa estan aqui as fotos deste ano da malla e da seitura, tardaron un pouco e non son moitas pero son as mellores fotos das mellores festas da seitura e malla Album da seitura e malla 2011
|
Xa esta rematado o centro social.
29-05-11
O centro social de Rabal xa esta rematado, a espera da inaguración oficial aqui vos deixo algunhas fotos
|
Un novo parque infantil
12-03-11
A Confederación Hidrografica do Douro coa colaboración do concello instalaron un parque infantil na zona do río para disfrute dos mais pequenos da aldea, ademais, tamen se puxeron bancos, mesas, papeleiras e paneis informativos para os non tan pequenos, aquí vos deixo
as fotos
|
Fotos do centro social
23-02-11
Devolta na paxina despois dun tempo de relax, deixovos aquí algunhas fotos para que os de fora poidan saber como marchan as obras do centro social
Ir a fotos
|
A contaminación do rio será debatida no
parlamento de Galicia
16-11-10
Carmen Gallego Calvar e Juan Carlos Francisco Rivera, deputados do PSOE
no Parlamento de Galicia, levaran a situación do noso Rio
ante a cámara galega. Esta noticia é sen dubida
algunha unha mostra do que un pobo unido pode facer e debemos
felicitarnos polo exposto ante a ex-ministra Elena espinosa ( Gracias
Marta) e que foi a mecha para que a nosa voz chegara a Santiago.
Déixovos aquí o
enlace sobre as preguntas que se
farán no parlamento
|
NOVIDADE
paxina de xogos
30-10-10
Voltamos
a innovar na paxina Rabalexo.es. Hoxe queda inagurada a paxina de xogos ,
por agora solo son catro pero co tempo iran aumentando..
Para poder xogar teredes que desactivas os scripts
|
Foto
360º do fondo da aldea
8-10-10
Desta
vez traemos unha nova tegnoloxia para a paxina, a primeira foto de 360º da aldea de
Rabal
xa esta aquí.
Por si non vai tendes as instrucións abaixo da
paxina
|
Mais
fotos antigas
20-9-10
Voltamos
cunha das seccions que mais gustan aqui tendes mais fotos antigas
para rememorar vellos tempos.
Por outra banda engadimos os enlaces (abaixo a dereita podedes
encontrar os acesos directos) ós pobos veciños de
Vilariño da Raia, Bouses, San cibrao e Videferre
|
Cea
da Festa
2-9-10
Xa
temos aqui as fotos
da cea que se celebrou na honra da Virxen
das Flores, non son moitas xa que pola noite as fotos non tiveron moita
calidade, se alguen ten mais que no la mande
|
|
|
Malla
2-9-10
Xa
están aquí as fotos da malla deste ano, espero
que disfrutedes
destas fotos
|
Visita
e coloquio da Ministra Elena Espinosa cos veciños de Rabal
23-8-10
Hoxe ó mediodía recibimos
na nosa aldea
a Ministra de Medio Ambiente, Elena Espinosa, que inauguraba as novas
obras que se levaron a cabo no Río Támega,
alí os
veciños espuxémoslle as queixas sobre a sucidade
do
río, a calidade da auga e as cheas que se producen na aldea,
conseguindo unha cita con diversas autoridades para o mes de
setembro. Tamén causou moito malestar nos
veciños o
plantón que deu o alcalde de Oímbra aos
veciños alegando non estar enterado da
inaguración, a
pesar de que a información da visita veu por parte de xente
do
seu mesmo partido, días antes da mesma.
Aquí
podedes ver as fotos
desta visita
|
Visita da Ministra Elena
Espinosa a Rabal 22-08-10
Mañá, luns 23 de
agosto de 2010, a Ministra de Medio Ambiente, Medio Rural e
Mariño visitará as obras feitas no río
xunto con outras autoridades como: O delegado do
Goberno en Galicia, Antón Louro, o presidente da
Confederación Hidrográfica do Douro, Antonio
Gato, o subdelegado do Goberno de Ourense, Camilo Ocampo e diversas
personalidades de ámbito local. Maís
información
na paxina do
ministerio
Por outra banda e co afán de dar a coñecer a nosa
aldea foi creado na galipedia o artigo sobre o escritor rabalexo Antonio
Fernández Pérez
|
Seitura
20-7-10
Xa
están aquí as fotos da seitura deste ano e o
baño que nos demos todos despois, espero que disfrutedes
destas fotos
|
Voltamos
2-7-10
Despois
de moito tempo sen poder actualizar a paxina aquí estamos de
novo, e facémolo, como non, a o grande cunha nova entrega de
fotos antigas
,
dentro dunhas semanas poremos o nome dos fotografiados pero de
mentres aí que matarse a cabeza e se coñecedes a
algún póndeo no foro
|
|
|
Acaban as obras na
estrada OU-1010 29-05-10
Dende hai unha semana os veciños de
Rabal xa podemos gozar
das obras de ensanche da estrada que nos une co a capital do concello
|
Songsdoar.com
2-3-10
A páxina web songsdoar.com
acaba de por un enlace a nosa páxina, querémoslle
agradecer dende rabalexo.es ese xesto e recomendámoslle a
todos os nosos visitantes que se necesitan algún agasallo
visiten a mellor páxina de música en galego
|
Mellora do trazado na
OU-1010 Oímbra-Rabal
2-3-10
En cumprimento do disposto no artigo 138 da Lei
30/2007, do 30 de
outubro, de
Contratos do Sector Público, acordase a
adxudicación definitiva do
procedemento negociado con publicidade para a contratación
da execución da obra nº
20/16/2009 “AMPLIACIÓN E MELLORA DE TRAZADO NA
OU-1010 OÍMBRA-RABAL” –
termo municipal de Oímbra-, adoptado por Decreto desta
Presidencia provincial de 23 de
febreiro de 2010, a favor da Cía. mercantil CONSTRUCCIONES
HNOS. CARRAJO, S.A.,
que ofertou a execución da obra obxecto deste procedemento
cunha baixa do 20,00 %,
verbo do tipo de licitación, polo importe de 84.791,34
€ (IVE e demáis tributos incluidos).
|
Nova
chea en Rabal
1-3-10
A cicloxénesis explosiva chamada
Xinthia
tamén pasou por Rabal, despois da intensa choiva pola noite,
o
vento tirou con algunhas arbores e xa cara a noite toda a auga da
montaña chegou a Rabal facendo que aínda que non
chovera
en toda a tarde o río desbordara e provocara a maior riada
deste
ano. Podedes ver aquí as fotos
|
Nova
chea en Rabal
25-2-10
Despois da intensa choiva da ultima noite, o
río desbordouse anegando as leiras e chegando a
saír polo fondo do pobo. Aqui tedes as fotos
|
Todos os servizos
multimedía ao alcance da túa man
19-1-10
Xa esta aquí unha nova
actualización da
paxina, agora poderás, ver as fotos, os vídeos e
descargarte os mellores de fondo de pantallas do pobo entrando
directamente dende a barra da dereita
|
Chea
no final de ano
12-1-10
Velaquí a primeira noticia deste
2010, e esta
non pode ser outra que a gran riada que sufriu o pobo e k por momentos
recordou a aquelas de fai xa 10 anos. Aqui tedes as fotos
|
Neve
en Rabal
19-12-09
Volveu a neve por estes lares para felicitarnos
o Nadal e cubrir todo con un manto branco, aquí poderedes
ver as mellores fotos
da
nevada deste mércores,
|
Riada
12-12-09
Con motivo das ultimas chuvias o rio viuse
desbordado este domingo, quedando anegados as obras da praia fluvial e
o campo de fútbol. Aquí tendes un enlace a
noticia aparecida en La Region, fai clic aquí
.
|
A paxina rabalexo.es
premiada 1-12-09
A paxina de Rabal acaba de ser premiada por
Linkses Network polo seu contido cultural, dende a paxina queremos
compartir este segundo premio con todos os que nos visitas, moitas
grazas e un saúdo

|
Magosto
11-11-09
Xa esta aquí o magosto e como todos
os anos
enchémonos de castañas e cogomelos,
especial sona en Rabal teñen os Rocos (Vexase a
fotografía). Por outra banda, continúan as obras
de construción da praia fluvial e dende Rabalexo.es
querémosvos ensinar como transcorren as obras é
os cambios na paisaxe que se dan, fai clic aquí
.
,
dentro dunhas semanas poremos o nome dos fotografiados pero de
mentres aí que matarse a cabeza e se coñecedes a
algún póndeo no foro
|
Comezaron
as obras
22-10-09
Xa comezaron as obras para comberter o parque do
rio nunha praia fluvial, dende rabalexo.es esperamos que as obras sexan
para ir a mellor e manterémosvos informado do estado destas
|
Mais
vale tarde ca nunca
20-10-09
Por fin xa esta preparado o álbum de fotos da malla e da
carrexada de aquel día de agosto
onde todo o pobo se xuntou para "traballar" e comer en
comunidade, espero que disfrutedes destas fotos .
|
Incendio
en Rabal 15-08-09
Esta semana houbo un incendio en Rabal, na zona
dos Parroeiros entre Rabal e Vilarello, pero grazas os bombeiros foi
apagado rapidamente,
para a extinción do incendio fixeron falta: 2
camións motobombas, 7 cuadrillas e 1 helicóptero
|
Novas
en Rabalexo.es.
24-7-09
Antes de nada dende Rabalexo.es quixeramos pedir
perdón por
o fallo técnico que tivo durante as ultimas dúas
semanas roto o enlace de Rabalexo.es, dito isto, temos dúas
actualizacións que contarvos, a primeira é que xa
están a vosa disposición novos fondos de pantalla
pera por no voso escritorio, a segunda que xa esta na rede o álbum
da seitura que se fixo no pobo a finais de
xuño
|
|
|
|
|
|
|